Bases do concurso ‘O meu libro preferido’ 2023 Galicia

PÚBLICO DESTINATARIO

  • A campaña vai destinada ao alumnado de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria matriculado en Centros Educativos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia, xa sexan de ensino público, concertado ou privado.

OBXECTIVO, FORMATOS E PARTICIPACIÓN

  • Trátase dun concurso para o fomento da lectura e da escritura que recolle os comentarios ou reflexións escritos por un/unha alumno/a, a propósito dun libro que xa lera e que lle impresionara ou gustara (cunha extensión máxima de dúas páxinas).
  • Os textos terán que presentarse obrigatoriamente en formato electrónico, a través dun programa de edición (Word, Open Office ou similar).
  • Non se admitirán textos en formato pdf nin en formatos de imaxe (jpg, png, gif, etc.).
  • Os traballos deben ser presentados de forma obrigatoria en corpo de letra 12 e fonte Arial.
  • Cada documento enviado por un/unha escolar debe levar o seu nome, o curso, o instituto ao que pertence e o título do libro elixido, tal como se indica no seguinte exemplo:

Título: A illa do tesouro
Nombre: Mario Carmona Pérez
Curso: 2º ESO C
Centro: IES de Teis (Vigo, Pontevedra)

  • Cada centro participante seleccionará os cinco mellores traballos dos presentados por cada clase e/ou curso de 1º e 2º da ESO, redaccións que se enviarán ao formulario habilitado na web milibropreferido.es. O/a docente encargarase de realizar estes envíos a través do dito formulario. Este é o enlace ao formulario de participación.
  • Aqueles traballos que non cumpran cos requisitos de edición anteriormente expostos consideraranse como non presentados ao concurso.
  • Os 50 mellores relatos publicaranse na web do certame e difundiranse tamén na páxina de Facebook Mi Libro Preferido e na páxina de Instagram Concurso Mi libro preferido.
  • Tamén se poderá participar na modalidade de booktrailer, que consistirá na realización dun vídeo orixinal e inédito no que se faga un comentario crítico do libro elixido para o relato (duración máxima de un minuto). Neste caso, cada concursante poderá mandar un xunto co seu relato escrito. Non se admitirá ningún vídeo se non vén acompañado do formato escrito.
  • Non se admitirán vídeos que teñan contidos publicitarios nin contidos que non respecten os dereitos de Copyright, nin aqueles nos que se vulneren dereitos de propiedade intelectual, agás que estean autorizados para iso.
  • Os vídeos participantes poderán ser gravados con calquera dispositivo: móbil, tableta, cámara de vídeo, cámara de fotos, etc.
  • Os videoclips deben estar realizados en formato dixital MP4, utilizando un códec de vídeo H.264 e unha resolución en formato vertical ou horizontal 16:9 de 1920×1080 ou superior.
  • O códec de audio recomendado é o AAC-LC. Trátase de características técnicas habituais deste medio.
  • A música utilizada no videoclip deberá ser libre de dereitos de autor ou de uso non comercial.
  • Os traballos presentados na modalidade de booktrailers deben subirse polo/a docente a través dun enlace á plataforma de Youtube e copialo no formulario da web milibropreferido.es. Non serán válidos para concursar aqueles vídeos que se envíen directamente a través de arquivos ao formulario.
  • Para concursar na modalidade de booktrailer, cada participante poderá mandar un xunto co seu relato escrito. Non se admitirá ningún vídeo realizado se non vén acompañado do formato escrito.
  • Os 50 mellores vídeos publicaranse co seu enlace de Youtube na web do certame e difundiranse tamén na páxina de Facebook Mi Libro Preferido e no perfil de Instagram Concurso Mi libro preferido.
  • De ser o caso de presentar un booktrailer, a Fundación José Manuel Lara non se fai responsable por reclamacións de dereitos de ningún tipo, incluídos dereitos de imaxe nin de propiedade intelectual e industrial ou de reprodución musical. En consecuencia, para poder participar nesta categoría do concurso, o/a menor terá que contar con todas as autorizacións de dereitos necesarias para a súa reprodución. A Fundación José Manuel Lara resérvase o dereito a distribuír e utilizar os textos e vídeos participantes, sen interese comercial, en calquera modalidade e formato que xulgue oportuno, e sempre que teña un obxectivo educativo e/ou de promoción do certame. Nestes usos sempre haberá un recoñecemento da autoría.
  • Ao participar neste concurso, os pais, as nais ou os responsables legais, ou se é o caso o centro, autorizan a usar a imaxe do/da menor para a difusión desta actividade con fins promocionais.
  • O feito de participar neste concurso comporta a aceptación íntegra das Bases.

PREMIOS

  • De entre todos os textos presentados, un xurado elixirá os catro mellores e outorgaránselles os seguintes premios ao alumnado, profesorado e centros:
    • Alumnado: unha tableta de última xeración Samsung e un libro publicado nun selo editorial do Grupo Planeta.
    • Profesorado do alumnado dos relatos gañadores: unha tableta de última xeración Samsung.
    • Centros docentes do alumnado dos relatos: un cheque libro de cen euros (100€) para intercambiar na Casa do Libro.
  • Xunto ás persoas premiadas mencionadas, elixirase un único texto como ‘gañador/a absoluto/a’, cuxo autor/a contará tamén cun premio extra: un cheque libro de 300 euros (300 €) para intercambiar na Casa do Libro.
  • O fallo final do xurado deste concurso farase público no mes de maio. O xurado estará integrado por importantes profesionais do mundo da educación, así como da literatura infantil e xuvenil.
  • A asistencia ao acto de entrega de premios correrá a cargo das entidades convocadoras (inclúe o transporte de ida e volta desde os respectivos domicilios dos pais, das nais ou dos representantes legais do alumnado gañador e profesorado ata o lugar de entrega, que será comunicado previamente).
  • De ser o caso de que algunha das persoas gañadoras non poida acudir á gala de entrega de premios, contactarase co/coa seu/súa docente para enviarlle o premio ao centro escolar. Os gastos de envío irán a cargo da organización.

ANEXO XURÍDICO

DESCUALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS

Se se evidenciase que calquera das persoas participantes non cumpre cos requisitos exixidos nas bases ou que os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos do certame, perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude do mesmo.

EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

A título enunciativo, pero non limitativo, as entidades convocadoras non se responsabilizan das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento do presente certame así como tampouco do uso que faga a persoa gañadora respecto do/dos premio/s que obteña no certame.

Unha vez entregado o premio, as entidades convocadoras non serán responsables en ningún modo polo uso que a persoa gañadora faga do mesmo e, sen afectar o seu dereito como consumidora, non asume ningunha responsabilidade por ningún dano ou prexuízo de calquera tipo que puidesen sufrir outros/as participantes ou terceiros/as.

A persoa gañadora responsabilízase de recadar calquera permiso ou consentimento necesario para o goce da viaxe e de calquera incidente que se produza durante a mesma. Os/as representantes legais do/a menor garanten que leron as presentes bases legais e, estando de acordo coas mesmas, responsabilízanse do coidado e da supervisión da persoa gañadora durante a viaxe.

Os premios quedan suxeitos ás presentes bases legais e non será posible substituílos total ou parcialmente por diñeiro en metálico. Os premios non serán susceptibles de cambio, alteración ou compensación por petición dos gañadores. Se se rexeita o premio, por parte da persoa gañadora, non se lle ofrecerá ningún alternativo. Queda estritamente prohibida a súa venda ou alienación.

Os/as participantes do presente concurso exoneran, da forma máis ampla que en dereito proceda e sen limitar en ningún modo os seus dereitos como consumidores/as, a entidade convocadora por calquera tipo de responsabilidade, sanción, reclamación, demanda ou causa civil, mercantil, penal ou administrativa, incluíndo indemnizacións de calquera natureza e/ou índole, gastos, custas (con expresa inclusión dos honorarios de letrados e procuradores).

O participante acepta que a entidade convocadora poida adiar, acurtar, prorrogar, modificar, cancelar ou suspender o concurso debido a causas de forza maior alleas ao seu control, comprometéndose a informar aos participantes da dita circunstancia á maior brevidade.

A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas presentes bases legais.

Polo mero feito de participar no presente concurso, a persoa participante subministradora do relato/booktrailer declara e garante a autoría do mesmo e o titular de todos os dereitos de explotación dos elementos (texto, imaxes, son, deseño, etc.) que o compoñen.

As persoas participantes no concurso cédenlle á organización, en exclusiva, para todo o mundo e con facultade de cesión a terceiros, todos os dereitos de explotación -incluídos os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación- que puidesen corresponderlles sobre as publicacións presentadas ao concurso, para a súa eventual explotación en calquera modalidade, medio e/ou soporte coñecido e polo prazo máximo de vixencia dos ditos dereitos en cada territorio.

De forma expresa, os/as participantes autorizan a comunicación pública e posta á disposición das publicacións en calquera sitio web e nas denominadas “redes sociais”. Os/as participantes cédenlle á organización os seus dereitos sobre a publicación para a incorporación da mesma a calquera operación comercial ou promocional, nacional ou internacional dos produtos do organizador, en calquera modalidade, medio ou soporte.

As cesións efectuadas na presente sección efectúanse a título gratuíto, e non dan pé a ningunha contraprestación aos/ás participantes nin ás persoas gañadoras.

A organización non será responsable de calquera incumprimento de calquera norma ou calquera infracción de dereitos a terceiros efectuada polos/as participantes no marco da súa participación na promoción, asumindo estes a obriga de manter indemne a organización no dito caso.

ACEPTACIÓN E CAMBIOS

O mero feito de participar no presente certame implica a aceptación íntegra das presentes bases, así como a aceptación expresa ás decisións interpretativas que das mesmas realice a entidade convocadora, que se reserva o dereito de modificar ou ampliar estas bases, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos/das participantes no certame.

INCOMPATIBILIDADES

Non poderán participar no certame o cadro de persoal laboral ou familiares directos ou indirectos das entidades convocadoras. Non poderán participar tampouco as entidades provedoras e colaboradoras que participaran na elaboración e/ou xestión deste concurso, así como os seus familiares directos en primeiro grao.

PROTECCIÓN DE DATOS

Conforme o disposto no Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) e a lexislación española aplicable en materia de protección de datos, informámoslle que a Fundación José Manuel Lara, con CIF G41645615 e domicilio na Avenida Reino Unido 11, 1ª planta, 41012 Sevilla, tratará os datos persoais dos/das participantes, incluíndo a súa imaxe e voz, como responsable do tratamento, coa finalidade de (i) xestionar a súa participación no concurso, (ii) difundir a súa participación na web do certame, así como nas redes sociais indicadas para cada modalidade de participación nas presentes bases, e, (iii) de ser o caso que resulte gañador/a, publicar o seu nome, apelidos, imaxe e/ou voz, se é o caso, na web do certame e nas redes sociais indicadas.

Estes tratamentos serán levados a cabo en atención ao consentimento prestado polo/a participante ou, se é o caso, mediante a correspondente autorización dos pais, das nais ou dos representantes legais do/da participante, ao participar libre e voluntariamente, así como á autorización para a cesión de dereitos de imaxe.

En canto aos datos persoais do alumnado participante que o/a docente facilite na súa calidade de representante do centro educativo, o centro educativo garante que recadou o consentimento do pai/da nai/do titor legal do/da menor para facilitar os seus datos persoais para a participación no concurso e que lles facilitou a información relativa ás bases de participación e ao tratamento dos mesmos por parte da Fundación José Manuel Lara, segundo se indica na presente política de privacidade.

Os datos persoais dos/das participantes serán comunicados á Fundación José Manuel Lara para que esta poida distribuír e utilizar os textos e vídeos participantes, sen interese comercial, cun obxectivo educativo e/ou de promoción do certame. A dita comunicación é necesaria para a execución das presentes bases de participación.

Para os efectos de poder gozar do premio correspondente ás viaxes, se é o caso, gañadas, os datos persoais da persoa gañadora e dos seus acompañantes que tamén vaian gozar do premio que se recaden (incluíndo NIF e teléfono) serán cedidos ás empresas que xestionan o dito premio. A cesión dos ditos datos a estas empresas para a indicada finalidade é necesaria para a execución das presentes bases de participación.

En canto aos datos persoais dos/das acompañantes que tamén vaian gozar do premio, a persoa que os facilita garante que ten o consentimento para facilitar os seus datos persoais e que se compromete a facilitarlles a información relativa ao tratamento dos mesmos segundo se indica na presente política de privacidade.

Os datos persoais conservaranse no prazo durante o cal se poida derivar algunha reclamación ou responsabilidade do concurso unha vez finalizado este e realizada a entrega do premio correspondente. Os datos solicitados son os estritamente necesarios para levar a cabo as finalidades antes indicadas, de maneira que, se o/a participante non os facilita ou se opón ao tratamento dos mesmos, non poderemos xestionar a súa participación neste concurso.

As persoas interesadas poderán exercer os seus dereitos de acceso, supresión, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e revogación do consentimento, mediante solicitude por escrito dirixida á Fundación José Manuel Lara, Avenida Reino Unido 11, 1ª, 41012 Sevilla, ou remitindo un e-mail a  fundacionjmlara@fundacionjmlara.es.

Igualmente, cando o consideren oportuno, poderán presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

LEXISLACIÓN APLICABLE, FISCALIDADE E XURISDICIÓN

Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese xurdir en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os xulgados e tribunais da cidade de Sevilla.

Os premios quedarán suxeitos á lexislación vixente e demais disposicións concordantes relativas a impostos e, neste sentido, aplicaranse as retencións fiscais que lles poidan corresponder.

Síguenos y comparte en redes sociales: